Organizan no Castro de Viladonga un obradoiro sobre cestería de varas

LugoXa | TerraChaXa
Será o 10 de novembro e o prazo de inscrición está aberto
curso-cesteria-varias
7 Nov 2024

O Museo do Castro de Viladonga anunciou a apertura do prazo de inscrición para o taller Cestería de varas, que terá lugar o domingo 10 de novembro de 2024 de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. A actividade estará dirixida por Lola Tourón Río, quen guiará aos participantes na elaboración destas cestas da tradición galega.

O taller, cun máximo de 8 prazas dispoñibles, permitirá aos asistentes descubrir técnicas e coñecementos antigos a súa elaboración.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao número 982 87 01 60. A selección dos participantes realizarase por orde de inscrición, polo que se recomenda anotarse canto antes.

0.17107796669006