Organizan no Museo do Castro de Viladonga un obradoiro sobre construción con pallabarro

LugoXa | TerraChaXa
Esta actividade terá lugar en dúas sesións, de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, e está dirixida a un máximo de 20 participantes
curso-pallabarro-viladonga
13 Nov 2024

O Museo do Castro de Viladonga acollerá o próximo sábado, 16 de novembro, o obradoiro titulado Paramento de Pallabarro, a cargo do experto Alexandre Paz Camaño. Esta actividade terá lugar en dúas sesións, de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, e está dirixida a un máximo de 20 participantes, para asegurar unha atención personalizada e a posibilidade de que todos poidan aprender as técnicas tradicionais de construción en barro e vimbio.

O obradoiro forma parte das actividades promovidas pola Xunta de Galicia para preservar e divulgar as técnicas de arquitectura tradicional galega, como o uso do pallabarro nas construcións antigas. Trátase dunha oportunidade única para explorar e practicar esta técnica ancestral de man de especialistas, nun marco histórico como o Castro de Viladonga, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia.

As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 982 87 01 60.

0.19689393043518