Organizan nos Vilares un obradoiro de traxes rexionais
TerraChaXa
A Asociación de Veciños dos Vilares e o Concello organizan nesta primeira localidade un obradoiro de confección de traxes rexionais
2 Feb 2023
A Asociación de Veciños dos Vilares e o Concello de Guitiriz organizan nesta primeira localidade un obradoiro de confección de traxes rexionais que se impartirá todos os luns.
A xornada inicial será o luns 6 de febreiro, ás 19.00 horas e terá lugar na Escola Habanera da Conchada, na mesma localidade dos Vilares.
O curso estará a cargo de Carmen López, que está especializada na elaboración dos mesmos en Vilalba.
As inscricións deben realizarse nos teléfonos 608 585 046 ou no 639 823 209.