Organizan o luns un acto de lembranza a Manuel Fraga
TerraChaXa
O PP de Vilalba organiza unha misa en homenaxe ao político Manuel Fraga, con motivo do décimo primeiro aniversario do seu falecemento.
11 Jan 2024
O PP de Vilalba organiza unha misa en homenaxe ao político vilalbés Manuel Fraga, con motivo do décimo segundo aniversario do seu falecemento.
A celebración terá lugar precisamente o día no que se cumpren os 12 anos; é dicir, o luns 15 de xaneiro. Será a partir das 19.30 do serán na igrexa de Santa María de Vilalba.
Os populares vilalbeses quixeron recordar así a un vilalbés recoñecido e considerado "fundador da formación política que foi embrión do actual Partido Popular" e tamén "un dos pais da Constitución Española de 1978".