Organizan o primeiro concurso de fotografía en Saldanxe
A Asociación de Amuruxe organiza o primeiro concurso de fotografía para poñer en valor a aldea de Saldanxe, na Pastoriza.
Pode participar calquera persoa, sen importar a idade. O único que hai que facer é mandar a foto ao correo amuruxe@gmail.com con nome, apelidos e un teléfono de contacto e, no caso de ser un menor de idade, poñer o nome e apelidos do adulto responsable. A data límite para enviar a foto é o 1 de agosto.
A fotografía ten que ser en formato dixital, cun nome e a localización onde foi tomada. Teñen que ser fotos propias e, no caso de empate, utilizaranse os likes obtidos no Facebook.
O resultado publicarase na presentación da Asociación de Mulleres Rurais de Saldaxe, que terá lugar o 2 de agosto, ás 21.00 horas, na escola da localidade. A entrada será gratis para os socios e, no caso de traer acompañante, terá que pagar un prezo de 5 euros.
Haberá pinchos, gaitas e algunha sorpresa para amenizar a velada.
Para os que non poidan asistir, o fallo publicarase, ademais, no Facebook e WhatsApp.