Organizan o primeiro Torneo de Tenis de Mesa en Guitiriz o día 30
O Concello de Guitiriz organiza o seu I Torneo de Tenis de Mesa, que terá lugar o sábado 30 de decembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, na Nave do Senpa.
O torneo contará cunha categoría única e un sistema de competición dividido en dúas fases: unha fase de grupos clasificatorios e unha segunda fase para determinar os postos. A normativa aplicada será a federativa, e cada participante deberá achegar a súa propia raqueta, ademais de levar calzado e roupa deportiva axeitados.
Os propios participantes actuarán como árbitros durante os partidos. Como recoñecemento, haberá premios para todos os inscritos.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do correo electrónico guitiriztm@gmail.com. O prazo para anotarse remata o 26 de decembro.