Organizan o sábado en Outeiro de Rei unha sesión de ioga
TerraChaXa
Este sábado impartirase unha clase de Ioga no Concello de Outeiro de Rei, de 10 da mañá a 1 da tarde no campo de Fútbol de Gaioso.
7 sep 2021
Este sábado 11 de setembro impartirase unha clase de ioga no Concello de Outeiro de Rei. O horario é de 10 da mañá a 1 da tarde e o lugar o campo de fútbol de Gaioso. É obrigatorio o uso da máscara durante toda a clase e debe levar cada un a súa alfombra.
A participación é totalmente gratuíta. Este evento é organizado por Decathlon e os que desexen máis información poden poñerse en contacto con Alberto Sánchez, organizador, no teléfono móbil 651 070 344.