Organizan o sábado en Xermade unha charla sobre o uso do suxeitador

TerraChaXa
Conferencia da man de Bego Bermúdez, especialista da función do suxeitador na saúde da muller, o sábado 11 na biblitoeca de Xermade.
conferencia suxeitador xermade portada
7 Mar 2023

O Concello de Xermade continúa cos actos de celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha conferencia da man de Bego Bermúdez, especialista da función do suxeitador na saúde da muller.

Esta será o 11 de marzo, ás 17.00 horas na biblioteca de Xermade.

A idea central da charla será remarcar a importancia de levar un suxeitador axeitado para coidar a saúde do peito e da muller, xa que o uso inadecuado desta prenda pode conlevar doenzas como dor de costas, hernias, dor de cabeza… remarcando que un suxeitador ben tallado é primeiro saúde e logo estética.

conferencia xermade g
0.14579892158508