Organizan o venres o décimo segundo aniversario da creación do lago das Pontes
O departamento de Cultura do Concello das Pontes, con motivo do décimo segundo aniversario da inauguración do lago, organiza a terceira edición da iniciativa Un mar de lecer.
Una proposta cultural que se desenvolverá durante a tarde-noite do venres, 9 de agosto e que na que haberá propostas para todos os públicos. As actividades darán comezo ás 18:00 horas coa espectáculo de monicreques Titiricircus de Tanxarina títeres, un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo que o público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido.
Ás oito do serán será a queda para Tavole de Circo Chosco, un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas. A partir das 21:30 horas será a quedan para o concerto de Broken Peach, banda creada na principios de 2009, buscando unha nova forma de fusionar a música co entretemento, diferenciándose das bandas de covers, dando un son persoal a cada unha das cancións que interpretan e unha estética extravagante
A continuación, ás 23:00 horas dará comezo un espectáculo pirotécnico e a noite de celebracións rematará cunha sesión de “dillei”, a partir das 23:15 horas da Duendeneta, una auténtica discoteca vintage.