Organizan un campamento de ciencias en agosto nas Pontes

TerraChaXa
Amigus organiza en colaboración con Ciencia Kids® e a Deputación da Coruña, un campamento de ciencia e tecnoloxía do 2 ao 6 de agosto.
campamento ciencia amigus portada
19 Jul 2021

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con Ciencia Kids® e a Deputación da Coruña, un campamento de ciencia e tecnoloxía do 2 ao 6 de agosto no Lar de Endesa de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00, dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.

No campamento de ciencia e tecnoloxía a rapazada realizará obradoiros de robótica, impresión 3D, enxeñaría, experimentos de química, física, botánica, bioloxía e ciencia na cociña. Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos.

Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles a base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.

Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

campamento ciencia amigus
0.16084408760071