Organizan un curso de cestería en Órrea
TerraChaXa
A Asociación de veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, retoma a súa actividade cultural tralo parón provocado pola pandemia de coronavirus cun curso de cestería que terá lugar a partir do día 12 de setembro, de 4 a 8 da tarde.
30 Ago 2020
A Asociación de veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, retoma a súa actividade cultural tralo parón provocado pola pandemia de coronavirus cun curso de cestería que terá lugar a partir do día 12 de setembro, de 4 a 8 da tarde. Serán un total de cinco sábados seguidos.
O curso desenvolverase no seu local social a cargo de María Otero Folgueira, de Álvare.
As prazas son limitadas polo que haberá que facer unha inscrición previa no teléfono 696 199 684.