Organizan un curso de gancho todos os mércores en Muimenta

TerraChaXa
Para inscribirse hai que acudir á mercería Teresa e a inscrición será por orde de chegada
curso-gancho-aquilino-iglesia
14 sep 2024

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia organiza de novo este ano un curso de gancho da man de Canto's Artesanía. Esta actividade terá lugar os luns de 16.00 a 18.00 horas do 7 de outubro a marzo no local social de Muimenta.

Para inscribirse hai que acudir á mercería Teresa e a inscrición será por orde de chegada. As prazas son limitadas, haberá grupos de 10 ou 12 persoas e, no caso de alta demanda, crearase un segundo grupo.

O prezo será de 25 euros ao mes para socios e 30 euros para non socios. O primeiro pago realizarase coa inscrición na mercería e o resto o primeiro mércores de cada mes cando algunha persoa da directiva acuda a clase.

0.090104103088379