Organizan un curso de primeiros auxilios en Begonte
O Concello de Begonte través do servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos con Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A formación será impartida a través da Escola Galega de Saúde por persoal do 061 (Consellería de Sanidade).
O obxectivo do curso é adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.
O curso terá lugar o 1 de dcembro, na casa da cultura do Concello entre as 16.30 e as 20.30 horas. A inscrición pode facerse ata o 30 de novembro na web da Escola Galega de Saúde ou en prevenciondrogas@rabade.org
O programa centrarase na atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes:
- Como chamar ao 061?
- Asistencia inicial ante un traumatismo , feridas e hemorraxias.
- Convulsións , Crise epiléptica.
- Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc
- Dor torácico.
- Queimaduras: escaldadura
- Perda de coñecemento: Sincope, coma,.....
- Diabetes: Hipoglucemia.
- Reaccións alerxicas.
- Intoxicacións.
- Reanimación Cardiopulmonar Básica en adultos e infancia: atragantamento, recoñocemento dunha PCR.