Organizan un curso de promoción do tenis nas Pontes no verán
TerraChaXa
Impartiranse dous grupos de clase, por unha banda, facendo 4 horas ao mes e polo outra 18 horas
Cartel
24 Xuño 2024
O Club de tenis As pontes organiza este verán clases de iniciación e perfeccionamento desta práctica deportiva que se celebrarán os meses de xullo e agosto dous días á semana.
Haberá clases en horarios de mañá e tarde e se utilizarán as pistas de tenis da Canle IV en grupos de un máximo de 4 persoas con idades que superen os 8 anos.
Impartiranse dous grupos de clase, por unha banda, facendo 4 horas ao mes e polo outra 18 horas con prezos que oscilan entre os 25 e os 40 euros con desconto do 50% para os socios.
As clases rematarán cun torneo entre os inscritos e o sorteo de agasallos.
Os interesados en informarse poden facelo no teléfono 627 536 059 ou no correo ctaspontes@gmail.com.