Organizan un mercado de segunda man este venres en Friol

O centro colaborativo de Friol acollerá este venres, 19 de decembro, un mercado de segunda man. Está organizado por Reama.
O obxectivo é dar unha segunda vida aos obxectos que están nas casas e que non se usan, pero que están en bo estado. Nesta ocasión só se admiten xoguetes e bonecos, contos infantís e demais cousas para nenos e nenas.
O mercado estará aberto entre as 11.00 e as 19.00 horas e algúns obxectos terán un prezo simbólico como axuda á organización. As persoas que queiran achegar obxectos poden deixalos na casa de Asubío pola tarde,
.