Organizan un mercado de segunda man este xoves en Friol

TerraChaXa | LugoXa
O centro colaborativo de Friol acollerá este xoves, 22 de decembro, un mercado de segunda man.
21 Dec 2022

O centro colaborativo de Friol acollerá este xoves, 22 de decembro, un mercado de segunda man. Está organizado por Reama en caolboración coa anpa do CPI Dr. López Suárez.

O obxectivo é dar unha segunda vida aos obxectos que están nas casas e que non se usan, como libros, roupa, papelería, utensilios e cociña, etc, pero en bo estado.

O mercado estará aberto entre as 11.00 e as 19.00 horas e algúns obxectos terán un prezo simbólicos como axuda á organización.

0.14894008636475