Organizan un monólogo este domingo en Begonte
TerraChaXa
O club fluvial de Begonte acolle este domingo un monólogo do humorista galego Oswaldo Digón, dentro da programación do Xacobeo.
19 Ago 2021
O club fluvial de Begonte acolle este domingo, 22 de agosto, a partir das 21.30 horas, un monólogo do humorista galego Oswaldo Digón, que se inclúe na programación estival deseñada polo Concello e se enmarca na programación do Xacobeo.
O espectáculo leva por título Anecdoloxía e será de acceso gratuíto, pero para poder asistir será necesario revervar previamente a entrada. Isto pode facerse a través da web municipal ou das redes sociais do Concello, dado que o aforo é limitado.
Como requiren as normas sanitarias vixentes, tamén será obrigatorio o uso de máscara.