Organizan un novo taller de cestaría na Casa das Insuas

Seguimos coas actividades da Casa das Insuas englobadas no programa de cestería con vimbios. O domingo 17 de marzo de 10.30 a 14.00, farán o Taller de vimbio vivo en maceta, da man de Idoia Cuesta onde aprenderase a crear estruturas en vimbio vivo trenzado para decorar o noso xardín ou vivenda.
Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.
Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.