Organizan un obradoiro de educación sexual en Begonte
TerraChaXa
O Concello de Begonte organiza un obradoiro de educación afectivo sexual para as familias no que se darán unhas pautas para a comunicación.
9 Nov 2021
O Concello de Begonte organiza un obradoiro de educación afectivo sexual para as familias no que se darán unhas pautas para a comunicación.
Esta actividade está organizada a través do Servizo de prevención de drogodependencias e está dirixido a todo o público en xeral.
A cita será o 22 de novembro de 2021, de 16.45 a 18.15 horas na casa da cultura de Begonte.
As persoas interesadas en asistira deberán inscribirse no correo prevenciondrogas@rabade.org xa que o número de prazas é limitado. A exposición estará ao cargo de Quérote+Lugo.