Organizan un obradoiro de micoloxía no Castro de Viladonga este domingo

LugoXa | TerraChaXa
A xornada, que se desenvolverá de 10:00 a 14:00 horas, incluirá unha primeira parte teórica seguida dunha saída práctica
curso-micoloxia
29 Oct 2025

O Museo do Castro de Viladonga organiza este domingo, 2 de novembro, unha actividade dedicada ao descubrimento dos cogomelos da contorna, guiada polo micólogo José A. Castro.

A xornada, que se desenvolverá de 10:00 a 14:00 horas, incluirá unha primeira parte teórica na que se ofrecerá información sobre as principais especies de fungos da zona, seguida dunha saída práctica polos arredores do castro para observar e identificar exemplares no seu hábitat natural.

Aínda que non se coñece con certeza se a sociedade castrexa consumía cogomelos, existen numerosos textos de autores latinos que falan da paixón dos romanos polos fungos. É probable que, ao chegar a estas terras, tamén desfrutasen das especies que medraban nos montes de Viladonga.

A actividade está aberta ao público e as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 870 161. Desde o museo animan a participar nesta proposta que combina natureza, historia e coñecemento científico.

⚙ Configurar cookies
0.069899082183838