Organizan un obradoiro de modelado en 3D nas Pontes
O colectivo pontés Amigus Labs organiza un novo taller co título Obradoiro de modelado e impresión 3D dirixido a nenos de entre 8 e 14 anos co seu pai e nai.
Terá lugar entre o 25 e o 26 de agosto de 10.00 a 13.00 horas nas instalacións da asociación, situadas na praza do Hospital, 14.
Este curso de introdución á impresión 3D oriéntase a principiantes que non están familiarizados coa Impresión 3D e que queren introducirse nesta tecnoloxía. Non é necesario ningún coñecemento anterior é unha actividade conxunta, na que participen os pais e nais coas fillas e fillos.
O curso é gratuíto, dado que é unha actividade enmarcada no Programa O Noso Espazo, da Asociación Euroeume, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF
As inscricións formalizaranse por orde de rexistro na web de http://www.amiguslabs.org/.