Organizan un obradoiro de plantas medicinais en Nete
A Asociación de Veciños San Cosme de Nete organiza un obradoiro de plantas medicinais que se impartirá este sábado, 13 de novembro a cargo de Milhulloa, de Palas de Rei.
Trátase dunha actividade de catro horas de duración na que se abordará o aproveitamento de plantas medicinais da contorna, elaboración de cosméticos para a limpeza sen químicos (como xabón de glicerina, pedra para limpar vitro, ptas e cociña, fluído para limpeza dos mobles de madeira, etc.) e elaboración de cosméeticos para coidado persoal (xel, dentífrico, etc.).
Os participantes poderán levarse para casa todos os produtos que elaboren.
Esta actividade está financiada pola Deputación provincial como entidade xestora da s Reservas da Biosfera Terra do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.