Organizan un obradoiro de primeiros auxilios na parroquia de Goberno

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de prevención de condutas adictivas organiza un obradoiro de primeiros auxilios na escola de San Martiño de Goberno.
curso primeiros auxilios goberno portada
29 Xan 2023

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de  Rei e Rábade organiza un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A formación será impartida a través da Escola Galega de Saúde por persoal do 061 o 10 de febreiro de 16.00 a 20.00 horas na escola de San Martiño de Goberno.

Os obxectivos do mesmos son adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e aclarar dúbidas referentes aos primeiros auxilios.

O programa relatará como facer unha atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes. Como chamar ao 061?, a dor torácica, a perda de coñecemento: síncope, coma, etc, e a reanimacion cardiopulmonar básica ante atragantamento, recoñocemento dunha PCR.

A sesión estará ao cargo de Marta Fernández López , DUE asistencial Base de Lugo, FPUS 061 Galicia.

A inscrición está aberta ata o 3 de febreiro través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ (listado de cursos presenciais) ou no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo, mail, teléfono e DNI.

curso primeiros auxilios goberno
0.1653881072998