Organizan un obradoiro micolóxico en Nete o día 27
A Asociación de Veciños San Cosme de Nete organiza un obradoiro de micolóxico de setas e cogumelos que se impartirá o sábado 27 de novembro a cargo da Sociedade Micolóxica Lucus.
O obradoiro consistirá nunha parte teórica na que se indicarán as diferentes variedades de cogumelos e como recollelos axeitadamente. Logo da parte teórica, os asistentes participarán nunha recollida de setas e cogumelos pola contorna da Escola e finalizará cunha degustación de diferentes formas de preparar estes produtos elaboradas polo chef Miguel Ángel Díaz.
O prazo para anotarse rematará o 20 de novembro e nas diferentes actividades poderán participar todas as persoas que o desexen.
Esta actividade está financiada pola Deputación provincial como entidade xestora da s Reservas da Biosfera Terra do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.