Convocan un obradoiro on line para familias sobre o abuso de tecnoloxías
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixidos a nais e pais para abordar a prevención de abuso de tecnoloxías dende o ámbito familiar
Este obradoiro será impartido de xeito online ( a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla Psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.
Neste obradoiro abordaranse contidos como a adolescencia e pre-adolescencia, as condutas de risco en torno ás tecnoloxías, o uso e abuso das tecnoloxías, as competencias dixitais, as competencias parentais e a abordaxe parental de situacións concretas.
A sesión terá lugar o 24 de novembro de 17.00 a 18.30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do deste enlace (antes do 21 de novembro).
Os que desexen máis información poden solicitalala no Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade, no mail prevenciondrogas@rabade.org ou no teléfono 982 390 062 (Mariía Barreiro).