Organizan un obradoiro sobre coidados co Alzheimer na Pastoriza

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza organiza unha serie de obradoiros dirixidos a pacientes, familiares e cidadanía en xeral organizados en colaboracion coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
25 Feb 2020

O Concello da Pastoriza organiza unha serie de obradoiros dirixidos a pacientes, familiares e cidadanía en xeral organizados en colaboracion coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Baixo este convenio o venres 6 de marzo terá lugar un sobre Coidados básicos en Alzheimer que se desenvolverá entre as 16.00 e as 20.00 horas na casa da cultura da Pastoriza.

O curso estará ao cargo de Carmen Álvarez Arias, enfermeira do Centro de Día de Alzheimer (Afalu) e o programa versará sobre coidados básicos en persoa dependentes, técnicas de mobilización en persoas mobilidade reduciada, prevención de caídas e hixiene, alimentación e administración da medicación.

A inscrición pode realizarse na oficina de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao teléfono 982 332 197.

0.11879801750183