Organizan un obradoiro sobre dor crónica na Pastoriza
O martes 29 de outubro terá lugar na Casa da Música da Pastoriza un interesante obradoiro sobre o Manexo da Dor Crónica, organizado coa colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Concello da Pastoriza.
O curso, que se desenvolverá en horario de 16:30 a 20:30 horas, será impartido por un licenciado en Farmacia e ten como obxectivo principal mellorar a información e comprensión da dor crónica, ademais de proporcionar as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida dos asistentes.
O programa inclúe contidos coma o coñecemento das características da dor, diferenciando entre dor agudo e crónico, a avaliación e tratamento mediante escalas de valoración da dor, e recomendacións para adoptar hábitos de vida saudables.
Para participar, é necesario inscribirse previamente chamando aos números 982 332 197 ou 629 534 793.