Organizan un obradoiro sobre estereotipos na Aula Cemit de Guitiriz

TerraChaXa
A aula cemit de Guitiriz acolle un obradoiro sobre Steam, derrubando estereotipos, a cargo da asociación AGASOL
OBRADOIROS PARA A RAPAZADA guitiriz 19 xullo_PORTADA
10 Ago 2021

A aula cemit de Guitiriz acolle un obradoiro sobre Steam, derrubando estereotipos, a cargo da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol). O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Esta actividade, dirixida á rapazada de entre 12 e 15 anos, terá lugar o luns 16 de agosto, de 10.00 a 13.00 horas na Aula Cemit de Guitiriz.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou ben no teléfono 982 37 00 62.

OBRADOIROS PARA A RAPAZADA guitiriz 19 xullo
0.17935800552368