Organizan un obradoiro de cestería con vimbio en Rábade
TerraChaXa
A Casa das Insuas acollerá o 18 de marzo unha actividade dirixida pola cesteira Idoia Cuesta, un obradoiro de cestería con vimbio vivo.
10 Mar 2022
A Casa das Insuas acollerá o venres 18 de marzo unha actividade dirixida pola cesteira Idoia Cuesta. Será un Obradoiro de cestería con vimbio vivo, un taller práctico para aprender a tallar vimbio vivo e traballar coa súa pequena estrutrura de vimbio en maceta.
O horario da actividade será de 16:00 a 19:30 horas, por la tarde. O prezo da actividade será de 35 euros para os Asociación Galega de Custodia do Territorio e de 40 para os non socios. Os interesados en participar poden inscribirse e obter información en casadasinsuas@gmail.com ou no 686 701 644.
A organización lembra a conveniencia de levar tesoiras de poda.