Organizan un taller de confección de vestiario histórico con motivo do centenario

LugoXa | TerraChaXa
A primeira reunión informativa terá lugar este venres, 31 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa do Concello
taller-vestiario-historico-rabade
29 Jan 2025

Con motivo da celebración do Centenario do Concello de Rábade, poñerase en marcha un Taller de Vestiario Histórico para confeccionar traxes de época cara ao desfile do 28 de maio. A actividade estará a cargo de Marga Portomeñe, recoñecida artesá, deseñadora de vestiario e directora teatral.

O taller incluirá asesoramento especializado e a confección de vestiario, cunha dedicación de dúas horas semanais. A primeira reunión informativa terá lugar este venres, 31 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa do Concello.

0.17167615890503