Organizan un taller de memoria en Rábade
TerraChaXa | LugoXa
Rábade organiza en outubro un taller de memoria. Desenvolverase en sesións de unha hora e cuarto semanais, os luns ás 16.30 horas.
25 sep 2021
O Concello de Rábade organiza en outubro un taller de memoria. Desenvolverase en sesións de unha hora e cuarto semanais, os luns a partir das 16.30 horas.
As sesións comezarán o 4 de outubro e se prolongarán ata xuño de 2022.
O obxectivo fundamental do taller de memoria é a estimulación de capacidades cognitivas de orientación espacial, temporal e de linguaxe, traballando os dous tipos de memoria, a curto e longo prazo.