Organizan un Torneo de Tenis para as festas do Carme das Pontes

TerraChaXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Torneo Festas do Carme que organiza o Club de Tenis As Pontes entre o 26 e o 31 deste mes.
torneo festas do carme_portada
15 Xul 2021

O Club de Tenis As Pontes celebrará do 26 ao 31 deste mes a XXIV edición do seu tradicional Torneo Festas do Carme, para o que xa está aberto o prazo de de inscrición.

A competición está definida para as categorías alevín, infantil, cadete e sénior federado, tanto masculino como feminino, e sénior +35 federado. En sénior masculino federado haberá premios en metálico para o campión (120 euros), subcampión (60), semifinalistas (30) e cuartos finalistas (15).

No resto de categorías haberá trofeo para os dous primeiros.

As persoas interesadas en anotarse neste torneo, que está homologado pola Federación Galega de Tenis, poderán facelo ata o día 23 ás 20.00 horas. Media hora despois realizarase o sorteo, no pavillón
municipal pontés.

As inscricións poderán facerse na páxina web www. ibertenis.com ou no correo electrónico ctaspontes@gmail.com e ofrecen información no 627 536 059.

torneo festas do carme as pontes
0.18734288215637