Organizan unha charla contra a violencia de xénero en Castro
TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei súmase á loita contra a violencia de xénero, que se festexa o día 25 de novembro.
16 Nov 2021
O Concello de Castro de Rei súmase á loita contra a violencia de xénero, que se festexa o día 25 de novembro.
Así, está organizada unha charla o sábado 27, ás 12.00 horas, na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.
A ponente da charla será Marta Rodríguez Engroba, responsable da asociación Si Hai Saída. Falará sobre a situación que viven as mulleres nos seus fogares cando sofren este tipo de violencia.
O Concello súmase tamén á campaña En Negro, que se realiza todos os anos para a loita contra esta lacra.