Organizan unha charla en Meira para falar sobre enerxía eólica

TerraChaXa
O Bloque organiza un acto público sobre o modelo enerxético e situación da produción de enerxía eólica na comarca de Meira e arredores
cartaz Meira ENERXIA EOLICA PORTADA
7 Out 2021

O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público este xoves ás 21 horas na Casa da Cultura de Meira sobre o "espolio enerxético" que está a sufrir Galiza e a proliferación de proxectos de novos parques eólicos por todo o territorio galego.

Contará coas intervencións de Felipe Nieto, concelleiro do BNG en Meira, a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.

Dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica no sustentábel, xusta e galega a organización frontista denuncia o boom eólico que se está a producir no país, "o que conta co beneplácito dos gobernos tanto da Xunta de Galiza como do Estado en favor dos intereses das grandes empresas do oligopolio eléctrico. Meira atópase afectada pola posíbel construción de diferentes parques eólicos, no que actualmente o que está máis avanzado é o proxecto Borrallos-Monzón-Ventisca".

O BNG trasladará a súa aposta por un modelo galego coa aplicación de medidas positivas para as galegas e galegos, como a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega que baixe o custe do recibo da luz. Tamén, aplicar novos criterios de participación neste tipo de infraestruturas coa sociedade.

ACTO PUBLICO MEIRA EOLICOS
0.19005513191223