Organizan unha excursión a Lalín para veciños de Begonte

TerraChaXa
Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura o 12 de xuño.
excursion lalin begonte portada
13 Mar 2024

O vindeiro luns día 1 de abril, o Concello de Begonte fará unha excursión a Lalín, onde poderán visitar o Santuario da Virxe do Corpiño, o Museo do astrónomo Ramón María Aller e degustar un bo cocido galego seguido da tradicional queimada.

A excursión ten un prezo de 45 euros para empadroados e de 55 para os non empadroados. Hai 50 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición no Concello ata o mércores 27 de marzo. A viaxe inclúe almorzo, xantar e viaxe.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).

0.18024110794067