Organizan unha excursión a Pontevedra e Combarro para o día 24
TerraChaXa
O próximo mércores día 24 de agosto, o Concello de Begonte levará de excursión a Pontevedra e Combarro aos veciños.
15 Ago 2022
O próximo mércores día 24 de agosto, o Concello de Begonte levará de excursión a Pontevedra e Combarro aos veciños, onde ademais poderán gozar dunha viaxe en catamarán e dunha mariscada a bordo.
O prezo da excursión é de 35 euros para veciños e 45 para os non empradroados. A organización estableceu un máximo de 80 prazas, para as que a inscrición remata o 22 de agosto.
Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).