Organizan unha excursión ao cine desde Goberno para ver 'Antes de Nós'

LugoXa | TerraChaXa
O actor Xoán Fórneas participará na sesión vermú deste domingo, onde haberá un punto de inscrición para esta viaxe
antes-de-nos-xoan-forneas-castelao
24 May 2025

A Asociación Veciñal de San Martiño de Goberno prepara unha saída cultural para o vindeiro domingo 1 de xuño, cunha excursión ao Codex Cinema de Lugo para ver a película Antes de Nós, protagonizada polo actor local Xoán Fórneas, quen interpreta a Castelao no filme.

A saída terá lugar ás 18:45 h desde a Igrexa de Goberno e o regreso será ás 21:30 horas, tras a proxección. O prezo da actividade, que inclúe viaxe en autobús e entrada ao cine, é de 10 euros.

A excursión está aberta a todas as persoas interesadas, veñan de onde veñan, e durante as festas de Goberno deste domingo 25 de maio, habilitarase un punto de inscrición durante a sesión vermú, onde tamén estará presente o propio Xoán Fórneas. Será unha ocasión perfecta para compartir un vermú, anotarse na actividade e sacarse unha foto co actor.

A organización advirte que as prazas son limitadas, polo que animan a inscribirse canto antes para non quedar fóra desta iniciativa que conxuga cultura, veciñanza e orgullo polo talento local.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, ao que a asociación agradece o apoio por facer posible este tipo de eventos que fortalecen o tecido social e cultural da zona.

⚙ Configurar cookies
0.16314792633057