Organizan unha excursión en Riotorto para visitar O Vicedo e Viveiro
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto organiza unha excursión á Mariña Lucense que terá lugar o 2 de xuño, para a que hai prazo límite do 31 para anotarse.
24 Maio 2022
O Concello de Riotorto organiza unha excursión á Mariña Lucense que terá lugar o 2 de xuño, xoves, para a que hai prazo límite do 31 de maio para anotarse.
A actividade dará comezo ás 8.00 horas con saída dede a localidade. Farase unha primeira parada para un almorzo e visitarse a continuación a lonxa de Celeiro. O xantar terá lugar no restaurante Area Grande do Vicedo para visitar a continuación o Fuciño do Porco e facer un paseo por Viveiro.
A hora de regreso está prevista para as 21.00 horas.
A excursión ten un prezo de 25 euros e para anotarse haberá que facelo no Concello ou nos centros veciñais.