Organizan unha gala benéfica en Meira a favor de Afalu

TerraChaXa
A entrada terá un custo simbólico de 5 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán acceder de balde
gala-benefica-meira
20 Dec 2025

O vindeiro 21 de decembro, a Casa da Cultura de Meira acollerá a Gala Benéfica de Nadal 2025, un evento solidario cuxos fondos recadados serán doados integramente a Afalu (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheirmer).

A gala comezará ás 18:30 horas, coa apertura de portas a partir das 18:00. A entrada terá un custo simbólico de 5 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán acceder de balde. O acceso será por orde de chegada e estará suxeito ao aforo limitado do recinto.

Esta iniciativa, organizada pola ANPA do IES Pedregal de Irimia, busca unir á comunidade en apoio a unha causa solidaria durante as datas do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.082973957061768