Organizan unha gala benéfica en Meira a favor de Alucem

TerraChaXa
A entrada terá un custo simbólico de 5 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán acceder de balde
gala-benefica-alucem-meira
10 Dec 2024

O vindeiro 15 de decembro, a Casa da Cultura de Meira acollerá a Gala Benéfica de Nadal 2024, un evento solidario cuxos fondos recadados serán doados integramente a Alucem (Asociación Lucense de Esclerose Múltiple).

A gala comezará ás 18:30 horas, coa apertura de portas a partir das 18:00. A entrada terá un custo simbólico de 5 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán acceder de balde. O acceso será por orde de chegada e estará suxeito ao aforo limitado do recinto.

Esta iniciativa, organizada pola ANPA do IES Pedregal de Irimia, busca unir á comunidade en apoio a unha causa solidaria durante as datas do Nadal. Non perdas a oportunidade de colaborar e gozar dun evento especial.

0.16364097595215