Organizan unha nova edición da rapa das bestas en Vilapedre
A parroquia vilalbesa de Vilapedre acollerá este sábado, 22 de xuño, unha nova edición da Rapa das Bestas, que se organiza na finca Enxebreza.
A xornada contará cun amplo programa de actividades que darán comezo ás 9.30 horas coa baixada das bestas ata os curros.
Ás 11.00 horas terá lugar o prato forte da xornada, a rapa das bestas.
Descansarase cunha sesión vermú amenizada polo grupo Decibelios antes da celebración da comida campestre, na que poderá degustarse xamón cocido, ensaladilla, churrasco, patacas, pan, bebida e sobremesa ademais de café e licor. A comida, servida por Catering O'Paso ten un prezo de 30 euros.
Os tickets da comida están xa á venda ata o 19 de xuño. Poden mercarse en Pizzca, en Vilalba; Restaurante O'Paso, Candamil; Hostal O Cristo, en Goiriz, e Parrillada A Revolta, en Vilalba.
Ao rematar a comida, verbena e sorteos.