Organizan unha nova edición da Xornada Etnográfica do Batán de Folgoso

TerraChaXa
A Asociación Cultural Roteiros da Carba organiza este sábado a IX Xornada Etnográfica Batán de Folgoso, que se desenvolverá  partir das 10.15.
xornada-etnografica-batan-folgoso-xermade-portada
20 Xul 2022

A Asociación Cultural Roteiros da Carba organiza este sábado a IX Xornada Etnográfica Batán de Folgoso, que se desenvolverá  partir das 10.15 horas con saída dende a Ponte Folgoso.

A ruta percorrerá os lugares de Folgoso, Buriz, Ponte Samil, Muíño Vieiro, Muíño Orxás, Batán e Carboeiras Folgoso.

Durante o roteiro recolleranse amorillós, arandos silvestres e realizaranse outras actividades como o xantar en Lousada, a base de empanada, paella e carne.

Os interesados poderán anotarse no Bar Petróleo, onde se tomará café antes da saída, no correo roteirosdacarba@hotmail.com ou no whatsapp 696 097 518.

0.096524000167847