Organizan unha rapa das bestas en Vilapedre

TerraChaXa
A parroquia de Vilapedre acollerá o día 2 de xullo a I Rapa das Bestas, que se organizará na finca Enxebreza coa Asociación Docavil.
rapa das bestas vilapedre portada
24 Xuño 2022

A parroquia vilalbesa de Vilapedre acollerá o día 2 de xullo a I Rapa das Bestas, que se organizará na finca Enxebreza en colaboración coa colaboración coa Asociación Ecuestre Docavil.

A xornada contará cun amplo programa de actividades que darán comezo ás 9.00 horas coa recepción dos participantes cuns aperitivos, antes da saída da ruta cabalar, media hora máis tarde.

Ás 11.00 horas terá lugar o prato forte da xornada, a rapa das bestas e xa ás 13.00 horas terá lugar a medición dos cabalos para a celebración das carreiras da tarde.

Descansarase cunha sesión vermú amenizada por un DJ antes da celebración da comida campestre, na que poderá degustarse emoanada, xamón cocido, churras, pan, bebida e sobremesa.

A partir das 16.30 horas terán lugaras carreiras de andadura libre con catro trofeos para as categorías serrada e chapeada. Haberá cinco gañadores por categoría que recibirán 100, 70 e 40 euros os tres primeiros clasificados.

As Inscricións ao evento e carreiras faranse por teléfono con Xabi Paz, 679 998 803, e María Ledo, 662 211 768.

Para a comida é necesaria a compra previa de tickets (22€), no Bar Avenida (Vilalba) e Restaurante O Cristo (Goiriz)

rapa das bestas vilapedre
0.16053295135498