Organizan unha sesión de observación de aves nas lagoas de Caque e Cospeito

TerraChaXa
O próximo sábado 17 de febreiro, de 10:30 a 14:00, a Asociación galega de Custodia do Territorio, da man de Óscar Rivas, mostrará as aves acuáticas invernantes das lagoas de Caque e Cospeito.
observacion de aves invernantes cospeito portada
14 Feb 2024

O próximo sábado 17 de febreiro, de 10:30 a 14:00, a Asociación galega de Custodia do Territorio, da man de Óscar Rivas, mostrará as aves acuáticas invernantes das lagoas de Caque e Cospeito.

A sesión comezará coa chegada a estas dúas lagoas en vehículos propios e diversas paradas nos observatorios ornitolóxicos dos humidais onde veranse as diferentes especies de aves que pasan o inverno nestas latitudes.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse en www.custodiadoterritorioorg/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630 948 293.

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.10357284545898