Organizan unha vaixe a Lalín para os veciños de Xermade
O Concello de Xermade organiza unha excursión a Lalín que se desenvolverá o 4 de febreiro con saída ás 9.30 horas da praza do Concello.
Esta viaxe, que ten un prezo de 25 euros por persoa e de 15 para os menores de 12 anos, contará con prazas limitadas polo que a inscrición será necesaria antes do 25 de xaneiro no teléfono 678 744 178.
Durante a viaxe visitarse o Pazo de Liñares, que ten o distintivo de Ben de Interese Cultural e no que se atopa o Museo do xoguete e a marioneta. Comerase cocido con sobremesas caseiras, auga, pan, viño e café.
Pola tarde visitarán a Casa do Patrón, ecomuseo do rural cunha visita guiada pola exposición do Castro de Doade e a recreación da Casa Castrexa.
Finalizarán a xornada cun paseo pola localidade para visitar a igrexa de Santa María das Dores, o monumento ao porco, o Km = e a estatua de Ramón Aller.