Organizan unha viaxe desde Cospeito a Verín e Xinzo de Limia para vivir o Entroido o 8 de febreiro

TerraChaXa
O prezo da actividade será de 55 euros para persoas socias e de 65 euros para non socias
viaxe-a-xinzo-de-limpia-cospeito
19 Jan 2026

Tres asociacións culturais e veciñais de Cospeito veñen de anunciar unha viaxe a Verín e Xinzo de Limia para o domingo 8 de febreiro, cunha proposta pensada para gozar do Entroido en dous dos seus escenarios máis emblemáticos. A actividade inclúe transporte en autobús, almorzo, xantar e visitas guiadas aos entroidos de ambas localidades.

A saída realizarase ás 7:30 horas desde os puntos habituais e permitirá ás persoas participantes coñecer Verín e o seu Entroido pola mañá, para posteriormente desprazarse a Xinzo de Limia, onde tamén se poderá vivir de primeira man o ambiente festivo característico destas datas, ademais de degustar un xantar de cocido.

O prezo da actividade será de 55 euros para persoas socias e de 65 euros para non socias. As inscricións deberán formalizarse antes do día 30 de xaneiro ante calquera membro das directivas organizadoras, sendo necesario o pago previo para a reserva da praza.

A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural de San Martiño de Pino, a Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas e a Asociación Veciñal Vilapene, nunha aposta conxunta por promover actividades culturais e de convivencia arredor dunha das tradicións máis representativas de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.066016912460327