Organizan unha xornada de promoción do cooperativismo en Xermade
TerraChaXa
O Concello de Xermade organiza o próximo xoves, 24 de setembro, unha xornada de difusión e promoción do cooperativismo que consistirá nunha visita a dúas cooperativas de referencia, como son a Bico de Xeado, no polígono de Bergondo, e A Esperanza, de San Sadurniño.
18 sep 2020

A saída terá lugar ás 10.30 horas dende Xermade con regreso ás 17.30 horas con xantar incluído.
Debido á situación sanitaria actual, só poderán participar un máximo de 15 persoas e a inscrición deberá facerse no Concello a través do teléfono 982 501 002.
Esta actividade está organizada en colaobración coa Xunta de Galicia e Eusumo. O prazo de inscrición remata o 22 de este mes.