Organizan unha xornada informativa sobre diabetes en Muimenta
A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza este mércores, 8 de febreiro, un obradoiro de diabetes e alimentación.
A sesión terá lugar de 16.30 a 20.30 horas na casa da cultura de Muimenta coa inscrición de balde, que deberá facerse antes do día 6 de febreiro na Mercería Teresa.
A charla estará ao cargo de Sandra Amido Paz, enfermeira da área sanitaria de Lugo.
Os obxectivos do curso son mellorar a información e comprensión desta enfermidade proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.
Falarase por tanto de que é a dieabes, a alimentación e o concepto de ración, a pirámide alimentaria, os grupos de alimentos, as equivalencias, o control das glucemias e o coidado dos pés.