Organizan unha xornada para o arranxo da charca do Prado da Ponte de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Galega de Custodia do Terrritorio remata o mes de setembro cunha xornada de restauración de charcas.
xornada restauracion charla prado da ponte rabade portada
22 sep 2022

A Asociación Galega de Custodia do Terrritorio remata o mes de setembro cunha xornada de restauración de charcas na cal se mellorará a do Prado da Ponte, creado no 2013 nos terreos anexos á Casa das Insuas.

Durante a sesión, prevista para este sábado, 24 de setembro, entre as 10.00 e as 14.00 horas, realizaranse diversos traballos para mellorar a entrada de auga na charca, así como para mellorar a súa estrutura.

Esta actividade encádrase no marco do convenio de custodia do territorio asinado entre AGCT e a Deputación de Lugo para a realización de actividades na Casa das Insuas.

É preciso roupa e calzado de campo, auga e comida para o xantar, que fará nas propias Insuas do Miño.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través da web (www.custodiadoterritorio.org/actividades) e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

A charca do Prado da Pontes creouse durante unha xornada recuprando unha antiga canle de rega situada na cabeceira do Prado da Ponte na que a AGCT desenvolvía diversas actividades de educación ambiental e conservación da natureza. Esta canle abastece ás hortas e tamén aporta auga á nova charca. Tanto as canles como as charcas foron estruturas habituais no pasado nas fincas galegas. Os animais utilizaban estes hábitats para alimentarse, agocharse ou reproducirse. Coa perda destes lugares polo abandono do rural e das costumes labregas, tamén houbo unha diminución de especies típicas de charcas como poden ser os anfibios. É por iso que o proxecto influirá positivamente na conservación da biodiversidade da zona. Na xornada participaron máis de 20 persoas.

xornada restauracion charla prado da ponte rabade
0.13832402229309