Organizan unha xornada sobre diabetes en Pol dentro do programa Xunt@s
									LugoXa | TerraChaXa								
			Será este mércores no centro sociocultural a cargo de Manuel Botana
 					
					
Imaxe do cartel
			
			4 Jun 2024
			
				A Deputación de Lugo continúa en Pol con accións do programa Xunt@s, creado con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.
Así, este mércores 5 de xuño organizarase unha charla gratuíta sobre como convivir coa diabetes a partir das 17.30 horas no centro sociocultural de Mosteiro.
A charla estará a cargo do doctor Manuel Botana López, especialista en Endocrinoloxía no HULA.
